top of page
REALIDADE AUMENTADA
Neste proxecto o que facemos é utiliza-la realidade aumentada (RA) como ferramenta didáctica nun proxecto de oleohidráulica, xa que é unha unidade didáctica dun módulo formativo do ciclo medio de mantemento electromecánico, ciclo o cal forma parte da nosa oferta formativa, ainda que podria facerse con calquera oferta formativa.
O que pretendemos conseguir con esta experiencia e integrar as tecnoloxías da información e os seus dispositivos (telefónos intelixentes, ordenadores, cloud computing) para facer unha aula interactiva onde o alumno teña acceso a información relacionada ca unidade didáctica e utilize os seus dispositivos na aprendizaxe desta unidade didáctica.
No proxecto utilizamos a RA para acceder cun smartphone e cá aplicación escollida (ROAR AR)para este proxecto a toda información tanto visual como en arquivos de texto para que o alumno poida realiza-los exercicios prácticos que se plantexan na aprendizaxe desta unidade didáctica.
bottom of page